LECTURAS NADAL "No creas lo que tus ojos te dicen". SOBRE A P.C.

Unha novela sobre a realidade da Parálise Cerebral



É unha novela, ás veces dura, como pode ser a vida mesma; pero que se ten unha característica que a defina, é a sinceridade e a empatía. O autor tentou reflectir a problemática das persoas con esta condición procurando ser o máis empático posible. Está escrita en primeira persoa e nela o protagonista, Lucas Dancauce, cóntanos a súa vida; unha vida desde a perspectiva dunha cadeira de rodas, unha vida distinta e, ás veces, difícil. Non hai paternalismo, non hai ñoñería nin infantilización da diversidade funcional destas persoas.


Non se deixa de lado nin se trata tanxencialmente ningún dos verdadeiros problemas que teñen estas persoas. O autor, coñecedor dos mesmos, aborda os intentos de exclusión educativa e social e temas non resoltos, por formar parte dun especial universo tabú en que se confinan as inquietudes destas persoas, como o da sexualidade e o desempeño laboral para o desenvolvemento integral como ser humano cos mesmos dereitos que os demais.

A novela ten unha trama argumental que desemboca en nun desenlace inesperado onde explotan as tensións non resoltas.


Esta novela presentouna o propio autor o día 30 de novembro (2017) en Valladolid, no marco das celebracións do Día da Discapacidade. É un proxecto solidario que impulsou ASPACE Castela e León coa axuda da Xunta desa comunidade. Os beneficios que se obteñan da venda do libro (12 euros) irán destinados a novas reedicións e facer visible a Parálise Cerebral.
FONTE: Javier Martín Betanzos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario